Últimos días para inscribirse ao curso on line de “Primeiros Auxilios en Bebés e Nenos” dirixido a acolledores e acolledoras do proxecto de Acollemento Familiar de Cruz Roja.
Desenvolverase a través do Campus Virtual de Cruz Roja, dispoñible 24 horas/día e 7 días/semana durante o periodo do 20/01/2021 ao 20/02/2021. A duración total do curso é de 20 horas e recomendase unha hora ao día de dedicación ao curso e unhas cinco horas semanais.
Os contidos do curso están relacionados coa adquisición dos coñecementos básicos para a prevención de accidentes que poidan afectar os nenos e nenas. Coñecer os procedementos e as técnicas máis adecuados en autoprotección, antes, durante e despois dunha actuación e saber identificar e dar resposta a situacións de urxencia.
O prazo de preinscrición finaliza o 15/01/2021. Unha vez pechada a preinscrición seleccionarase aos alumnos/as definitivos e se lles ampliará información complementaria.
A preinscrición ao curso pode facerse picando neste enlace O curso é gratuito para as familias acolledoras de Cruz Vermella.