Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Últimos días para inscribirse

Encontro de Familias Acolledoras de Cruz Vermella en Galicia

O sábado 21 de setembro terá lugar un novo Encontro de Familias Acolledoras de Cruz Vermella en Galicia, con participación de asistentes das catro provincias galegas.

Este ano será a localidade de Cenlle (Ourense) a encargada de acoller a nenos, nenas e adolescentes xunto coas súas familias acolledoras, nunha xornada especial de convivencia e aprendizaxe conxunto.

O prazo de inscrición para participar finaliza o 15 de setembro para as familias da rede de acollemento familiar de Cruz Vermella en Galicia.

Imaxe de Leah Newhouse.