Curso inicial de 12 horas de duración
Comezamos este ano realizando esta acción formativa coas persoas interesadas en ser familia acolledora, para que poidan ofrecer oportunidades que cambian a vida de moitos nenos e nenas desde o coñecemento da medida de protección e das características dos nenos, nenas e adolescentes que poderán chegar aos seus fogares.
Entre xaneiro e febreiro fixéronse tres cursos en: Lugo, Pontevedra e Santiago de Compostela, onde se formaron 34 persoas que agora deben entregar a súa solicitude na Xunta de Galicia.
Durante o próximo mes de marzo o curso de Formación Básica en Acollemento Familiar vai realizar os días 15 e 16 en Cruz Vermella de Ourense. Nel poderán participar todas as persoas interesadas en acollemento familiar que xa asistiron a unha sesión informativa.
Para inscribirse contactar cos equipos de acollemento familiar de Cruz Vermella ou escribirnos ao correo electrónico: familias.acolledoras@cruzroja.es ou por whatsapp ao número: 607 049 695