Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Formación Básica en Acollemento Familiar

A Formación Básica en Acollemento Familiar é un paso previo obrigatorio para todas aquelas persoas que queren ser familia acolledora. Trátase dun curso que se debe realizar antes de entregar a solicitude no rexistro da Xunta de Galicia.

A formación ten unha duración de 12 horas e é impartida por un equipo multidisciplinar con formación e experiencia específica en acollemento familiar. Aínda que no caso de A Coruña e Lugo xa se realizou esta formación, en breve comezan varias edicións en tres cidades galegas:

  • Os días 3 e 4 de marzo un curso en Santiago de Compostela e outro en Ourense.
  • Do 13 ao 27 de marzo en Pontevedra.

 

Ademais, nos meses de maio e xuño están previstas novas edicións en tódalas provincias.

Brais e Alba, unha das parellas participantes en Lugo, contan a súa experiencia neste vídeo:

Se queres recibir máis información contacta con nós a través deste formulario.