Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Formación continua para familias acolledoras en marzo

A familia como axente preventivo

Un webinar que será impartido por Mercedes de Santaló Ossorio, unha profesional con moita experiencia como educadora de Disciplina Positiva para familias (Supercamuchita) que se realizará o xoves 23 de marzo de 18:00 a 20:00 horas a través da aplicación Teams.

Neste seminario falaremos sobre a importancia de crecer nunha familia para todos os nenos e nenas. E de como as familias acolledoras desde o coidado alternativo que proporcionan, reparan situacións pasadas co seu acompañamento emocional, co obxectivo de crear unhas bases persoais e comunicativas fortes que serven de axente preventivo para o presente e o futuro dos nenos, nenas e adolescentes.

 

Ioga e relaxación para familias acolledoras

Con este taller trataremos de aprender unha serie de exercicios que despois se poidan compartir cos nenos, nenas e adolescentes favorecendo a interacción familiar e fomentando un estilo de vida saudable. Realizarase nunha sesión presencial, que contará cunha parte teórica que servirá para contextualizar os exercicios prácticos. Tamén será unha actividade coa que favorecer a interacción e o intercambio de experiencias entre as familias acolledoras de Cruz Vermella en Galicia.

Marca na túa axenda o sábado 25 de marzo pois esa mañá realizaranse dúas edicións deste taller, unha na sede de Cruz Vermella en Ourense e a outra na Coruña.

 

As familias acolledoras que desexen participar nestas accións formativas deben contactar co seu equipo de acollemento familiar de referencia para inscribirse.