Seminario sobre Violencia sexual na adolescencia: Aproximación e claves para a detección.
Impartido por Raquel Álvarez, educadora de Médicos del Mundo, especialista no fenómeno da violencia sexual contra a infancia e adolescencia.
Buscamos mellorar as competencias parentais das familias acolledoras, a través do coñecemento do fenómeno da violencia sexual infantil e adolescente en España, os medios de contacto máis habituais, os indicios de detección aos que estar atentos como familia para previr estas situacións ou afrontar as consecuencias si se chegan a producir.
A acción formativa será impartida o sábado 8 de xuño en Pontevedra e o sábado 22 en Ourense. No mes de maio realizouse nas provincias de A Coruña e Lugo.
As persoas interesadas en participar deben contactar co seu equipo de acollemento familiar de Cruz Vermella de referencia.
Foto de Julia M Cameron