A formación continua é esencial para que as familias acolledoras melloren as competencias necesarias para proporcionar unha contorna segura e afectiva aos nenos e nenas acollidas. Por iso é importante que os acolledores e acolledoras participen activamente en actividades como as propostas:
Pequenos cambios, Grandes beneficios, un taller práctico para descubrir como unha boa alimentación pode mellorar a saúde e o benestar de toda a familia. Será impartido por Moisés Rodríguez, nutricionista, chef e entrenador deportivo. Realizarase en Ourense o sábado 22 de marzo de 10:30 a 13:30 horas, presencial e por streaming.
Promover o apego e traballar as despedidas en acollemento familiar, un seminario que combina contido teórico sobre os procesos emocionais das despedidas con ferramentas prácticas para levar o duelo asociado ás separacións propias dos procesos de acollemento familiar. Será impartido por Paula Sánchez, psicóloga especialista en terapia sistémica e narrativa terapéutica. Celebrarase en Pontevedra o sábado 5 de abril de 10:00 a 14:00 horas, presencial.
Os acolledores e acolledoras interesadas en participar poden escribirnos a: familias.acolledoras@cruzroja.es ou contactar directamente co seu referente de acollemento familiar.