Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS E SERVIZOS PARA AS FAMILIAS 2024

O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 publica esta guía, có obxectivo de facilitar información actualizada ás persoas que teñen responsabilidades familiares, sobre as prestacións, os beneficios e os servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración Xeral do Estado.

Nesta nova edición, actualizada para o ano 2024, recóllense diferentes prestacións e axudas, de especial interese os distintos permisos vinculados a motivos de conciliación laboral e familiar que poden ter as familias acolledoras.

Accede á Guía.

Para ampliar información ou axudar as familias acolledoras cos trámites, contactade co voso equipo de acollemento familiar de Cruz Vermella.