Anunciouse este luns 21 de abril que a partires do mes de maio, as familias que acollan nenos, nenas e adolescentes de entre 1 a 17 anos recibiran 425€ mensuais e as familias que acollan bebes ata un ano, 600€.
Podes ler toda a información deste tema na seguinte noticia: Rueda destaca que a Xunta reforza o seu apoio económico ás familias acolledoras co incremento das axudas que perciben a partir do mes de maio
En Galicia o 60% dos nenos, nenas e adolescentes do sistema de protección están en acollemento familiar, pero é moi necesario incorporar novas familias de acollida que poidan dar resposta aos bebes, nenos, nenas e adolescentes que precisan temporalmente o coidado e protección dunha familia allea á propia.
As persoas interesadas no acollemento familiar, poden contactar con Cruz Vermella: familias.acolledoras@cruzroja.es – 900 812 880 ou premendo aquí.