Os contidos do manual foron elaborados durante 2022 por un grupo de traballo de persoal técnico e administrativo da Xunta de Galicia, coordinado pola experta María Ignacia Arruabarrena Madariaga, profesora do Departamento de Psicoloxía Social da Universidade do País Vasco.
Este manual ten como obxectivos:
a) dar a coñecer a todas as institucións implicadas na protección á infancia e á adolescencia e ao conxunto da cidadanía o modo de traballo da Entidade Pública de protección de Galicia e
b) homoxeneizar as actuacións neste eido das catro xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude.
Pódese acceder ao documento: Manual de Procedemento dos servizos sociais especializados en protección á infancia da Xunta de Galicia, premendo aquí.