Un órgano participativo e representativo no que nenos, nenas e mocidade debaten e comparten en primeira persoa co goberno galego as súas necesidades, ideas, opinións, peticións…
Son 30 rapaces e rapazas de entre 8 e 17 anos, en representación dos Consellos Locais de Participación Infantil impulsados por Unicef, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e o sistema de protección de menores, que participarán de forma activa na toma de decisións que lles afectan.
Nestas xuntanzas falaran de todo o que lles preocupa e afecta como membros dunha sociedade na que seguiran crecendo e definindo o seu futuro.
Na primeira xuntanza celebrada en Santiago o pasado 21 de abril, participou activamente unha moza acollida por unha da familias da rede de acolledores de Cruz Vermella en Galicia.
Máis información aquí.