Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

No Día Internacional das Familias, grazas!

O 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias.

Nesta data tan especial, Cruz Vermella quere dar as grazas ás máis de 330 familias acolledoras que forman parte da rede en Galicia, porque coa súa implicación e compromiso coa infancia, ofrecen oportunidades que cambian a vida de nenos, nenas e adolescentes, nun momento de moita vulnerabilidade: medrar sen a seguridade dun fogar.
 
A todas elas, moitas grazas por formar parte desta marabillosa loucura de pensar co corazón!