A Xunta de Galicia aprobou a Lei 6/2025, unha normativa que reforza a protección da saúde dos menores e prevén condutas adictivas, tanto relacionadas con substancias como co uso problemático de tecnoloxías. Para as familias acolledoras, esta lei é unha ferramenta clave para crear contornas seguras e acompañar a nenos, nenas e adolescentes no seu desenvolvemento.
Que regula a Lei 6/2025?
- Alcol e bebidas enerxéticas: prohibido o consumo, a compra e a tenencia por parte de menores.
- Tabaco e vapeadores: mesmas restricións que o tabaco tradicional.
- Cánnabis: prohíbese calquera acceso, publicidade ou merchandising.
- Xogos e apostas: non poden acceder a locais nin plataformas en liña.
- Videoxogos e redes sociais: uso responsable segundo idade recomendada.
Novidades importantes:
- Prohibición específica de bebidas enerxéticas para menores.
- Equiparación de vapeadores ao tabaco.
- Inclusión do uso problemático de redes sociais e videoxogos como ámbito de intervención legal.
- Cribado sanitario desde os 12 anos para detectar riscos de consumo e adiccións tecnolóxicas.
Que poden facer as familias acolledoras?
A prevención empeza en casa. Aquí tes algunhas recomendacións prácticas:
✅ Establece normas claras sobre consumo e uso de dispositivos.
✅ Fala abertamente sobre riscos (alcol, tabaco, redes sociais).
✅ Supervisa apps, redes e videoxogos que utilizan.
✅ Ofrece alternativas: deporte, actividades culturais, tempo en familia.
✅ Controla tempos e contidos en dispositivos, evitando o seu uso en comidas e descanso.
Sinais de alerta
- Cambios bruscos de conduta.
- Illamento ou baixo rendemento escolar.
- Necesidade excesiva de estar conectado ou xogar.
Que facer se hai consumo ou risco?
- Comunícao ao equipo técnico de acollemento familiar.
- Non castigues de forma abrupta: busca diálogo e apoio profesional.
- Participa en programas preventivos que se ofrezan.
Lembra: previr é coidar. A comunicación, as normas claras e o acompañamento son a mellor protección. Se tes dúbidas, contacta co teu equipo técnico: estamos aquí para axudarche.
Podes consultar o texto completo da Lei aquí.