Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Novas edicións do Curso de Formación Básica en Acollemento Familiar

Entre outubro e novembro realizaranse nas catro provincias galegas formacións para aquelas persoas que queren formar parte da Rede de Familias Acolledoras de Cruz Vermella en Galicia.

Son cursos de 20 horas nos que se traballan os aspectos principais da medida de acollemento familiar, as características dos nenos, nenas e adolescentes que poden precisar do apoio dunha familia acolledora, e os dereitos e deberes das familias que acollen.

  • En Ourense realizarase do 22 ao 30 de outubro.
  • En Vigo do 22 de outubro ao 5 de novembro.
  • En A Coruña realizarase do 8 ao 21 de novembro
  • En Lugo do 13 ao 27 de novembro.

 

As persoas interesadas en ser familia acolledora poden porse en contacto con Cruz Vermella neste enlace.