Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

O 31 de maio é o Día Mundial do Acollemento Familiar

Desde Cruz Vermella continuamos co noso obxectivo de crear unha cultura do acollemento familiar na cidadanía e unímonos á iniciativa creada por World Foster Day.

Tamén podedes unirvos cuns sinxelos pasos:

  • Debuxar unha cara feliz en tres dedos.
  • Facer unha foto da man, pode ser individual, en grupo, en familia, da maneira máis divertida que desexedes!
  • Subir a foto ás vosas redes sociais cos hashtag #worldfosterday #diadelacogimientofamiliar  e etiquétanos! @seracogedora @worlfosterday

 

Necesítanse máis familias acolledoras para poder brindar a nenos, nenas e adolescentes, oportunidades que cambien as súas vidas. Contáctanos!