Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

O Día da Nai visto por dúas nais acolledoras

Con motivo do Día da Nai, celebrado o pasado domingo 7 de maio, o xornal El Progreso de Lugo entrevistou a Belén e a Sonia, dúas das mulleres que forman parte da rede de Familias Acolledoras de Galicia. Nunha extensa reportaxe, ambas falaron da importancia de ofrecer un fogar seguro e estable a eses nenos, nenas e adolescentes que durante un tempo non poden vivir coa súa familia de orixe, compatibilizando esta tarefa coa educación dos seus fillos e fillas biolóxicos. A chegada ao fogar dos menores, a valoración da experiencia como familia acolledora ou a despedida, son só algúns dos temas tratados na reportaxe que se pode consultar nesta ligazón.

Fotografía: ParentiPacek para Pixabay.