Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

O Programa Vi-dA continúa dispoñible para as familias de acollida

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia subvenciona a continuidade do programa Vixilantes de Axuda (Vi-dA), dedicado á formación do persoal de centros de menores, familias de acollida e entidades que apoian o acollemento familiar en prevención da conduta suicida en nenos, nenas e adolescentes do sistema de protección.

En concreto, o programa está dividido en catro módulos, a través dos cales as persoas participantes poderán coñecer información acerca de pautas de actuación e adaptación de protocolos de detección e manexo da conducta suicida, adestramento en habilidades Gatekeepers e apoio aos equipos, supervisión de casos prácticos e asesoramento.

 O programa desenvolverase de forma presencial en cada unha das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia nas seguintes datas:

  • A Coruña:
    • Módulo 1: 22/08/2023
    • Módulo 2: 02/10/2023
    • Módulo 3: 21/11/2023
  • Lugo:
    • Módulo 1: 24/08/2023
    • Módulo 2: 04/10/2023
    • Módulo 3: 23/11/2023
  • Ourense:
    • Módulo 1: 29/08/2023
    • Módulo 2: 06/10/2023
    • Módulo 3: 28/11/2023
  • Vigo:
    • Módulo 1: 31/08/2023
    • Módulo 2: 09/10/2023
    • Módulo 3: 30/11/2023

En cada xornada haberá dúas sesións, unha de mañá (10:30-14:30) dedicada a centros residenciais e outra de tarde (15:00 a 19:00) dedicada a centros de día e programas ambulatorios. As familias de acollida poden optar por calquera dos dous horarios.

O módulo 4, que consiste en asesoramento telefónico ou online, estará dispoñible no último trimestre do ano, os luns de 10:00 a 12:00 horas.

Para inscribirse nas sesións debe remitirse correo electrónico a proteccionmenores@xunta.gal

*Foto de Zac Frith.