Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Patricia e Víctor, familia acolledora en Ourense desde 2018

Patricia e Víctor son avós e familia acolledora desde o ano 2018. Pola súa casa xa pasaron once menores, que atoparon un fogar temporal que lles proporcionou os coidados, a seguridade, a educación e o agarimo que necesitaron mentres se solucionaron as circunstancias que lles impedían vivir coa súa familia.

Queres saber como o fan? Non te perdas a súa historia en La Voz de Galicia. Edición Ourense