Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Por que ser Familia Acolledora?

Porque hai nenos e nenas que nos necesitan no presente para ter un mellor futuro, por iso para dar resposta ás necesidades dos menores que sofren desprotección, a Xunta de Galicia ten en marcha o Programa de Familias Acolledoras, que se xestiona desde Cruz Vermella. A través deste recurso, achégase unha forma de coidado persoal e alternativo, proporcionando a nenos, nenas e adolescentes unha vida familiar natural na que crecer, aprender e recibir agarimo, mentres teñen que estar separados das súas contornas familiares.

Calquera persoa, matrimonio ou parella de feito, con ou sen fillos, de calquera condición social, ideoloxía ou crenza pode ser Familia Acolledora, pero a decisión require dun tempo de reflexión no que se valore a situación familiar e persoal, os pros e os contras de acoller a un menor no fogar. Moitas poden ser dúbidas pero tamén son moitos os motivos para decidirse.

Algunhas das persoas que forman parte da rede comparten connosco os motivos que lles levaron a tomar a decisión.

 

Se queres coñecer as súas testemuñas sobre diferentes aspectos a ter en conta no acollemento familiar, podes consultalos aquí. E se ti tamén queres ser Familia Acolledora, apúntate nesta ligazón.