Lecer educativo alternativo e saudable
A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición deste programa de educación non formal e ocio alternativo , co fin de ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega, así como un recurso de coidado para as familias galegas durante a Semana Santa e distintas fins de semana nos meses de marzo e abril.
O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda adxudicada e queiran gozar dun programa de actividades de educación non formal en distintas instalacións da Xunta de Galicia. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade diferenciados, posto que haberá grupos con participantes de 14 a 17 anos e outros de 18 a 30.
Toda a información destas actividades neste enlace: PRIMAVERA XOVE
Formulario de solicitude Primavera Xove 2024 – Actividades de 14 a 17 anos