Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Programa sobre Familias Acolledoras en Comando Actualidad de TVE

Os reporteiros de Comando Actualidade analizan unha realidade que levou á ONU a dar un tirón de orellas a España: somos un dos países do mundo con máis nenos vivindo en centros. Estímase que 17.000 nenos buscan unha familia de acollida en España. No noso país hai cultura da adopción, pero o acollemento é moi descoñecido. A metade dos 40.000 nenos e nenas tutelados polas administracións vive en centros de menores.

O programa retrata en primeira persoa o día a día das familias que acollen aos menores desamparados. Como se enfronta o duelo cando o problema soluciónase e o menor volve coa súa familia biolóxica? Que sucede con estes nenos se a situación non se soluciona nunca? Que fai falta para que máis menores vivan en familia e fóra de centros residenciais?