A emerxencia derivada da DANA tamén está a afectar á infancia que non a está vivindo, igual que os adultos podemos experimentar desgaste emocional e ansiedade ante a cantidade de información que estamos a recibir, os nenos e nenas tamén poden chegar a sufrir estas consecuencias. Por iso, queremos compartir algúns recursos educativos para poder explicar ás nenas e nenos o que ocorreu:
- Guía para falar sobre desastres naturais con infancia e mocidade.
- Infografía sobre a DANA
- Na web de Cruz Vermella Xuventude tes máis información e contos de sensibilización sobre emerxencias.
Desde Cruz Vermella Xuventude, a través dos Equipos de Sensibilización e Información ante Emerxencias (ESIE), estamos a acompañar ás nenas, nenos e mocidade afectadas nesta emerxencia mediante un acompañamento emocional, explicándolles que ocorreu e a realización de actividades e xogos que lles axuden a que teñan momentos de desconexión e sociabilización.