Esta aberta unha convocatoria de sesión formativa sobre “Trauma, apego e disociación nos nenos e nenas que se atopan baixo a medida de acollemento familiar” dirixida ás familias de acollida do Proxecto de Acollemento Familiar de Cruz Roja.
O seminario virtual ten como obxectivo, posibilitar un espazo de formación para os acolledores e as acolledoras que lles permita entender mellor o impacto no desenvolvemento psico-social que sofren os nenos e nenas na súa exposición temperá a situacións de desprotección-institucionalización, para así dotarlles de ferramentas e recursos que poidan despregar na súa experiencia de acollemento.
Esta sesión celebrarase o vindeiro mércores 15 de decembro de 17 h a 19 h a través da aplicación Microsoft Teams, e será impartido pola psiquiatra infantil, Anabel González.
O prazo de PREINSCRICIÓN para os participantes termina o martes 7 de decembro. As persoas interesadas poden dirixirse ao seu equipo de acollemento familiar de referencia e unha vez pechada a preinscrición seleccionarase aos alumnos/as definitivos e ampliaráselles información complementaria.