Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Tatoos e calcos infantís para celebrar o Día Universal dos Dereitos da Infancia

Para celebrar o Día Universal dos Dereitos da Infancia, en Ourense tivo lugar un obradoiro moi especial de tatoos temporais, calcos e brillantes maquillaxes para nenos e nenas.  A actividade realizouse grazas á colaboración de El Grito Estudio e o Centro Comercial Ponte Vella, que un ano máis se sumou a Cruz Vermella para lembrar o dereito dos nenos e nenas a vivir en familia.

Foi unha tarde moi divertida que ofreceu a oportunidade de achegar ás persoas maiores o programa de Familias Acolledoras, de amosar que “Querer é poder”, e sumar así novas familias á rede de acollemento de Galicia.