Convocado o procedemento de adxudicación de estadías para o ano 2022 nas residencias de tempo libre de Panxón (Nigrán – Pontevedra) e O Carballiño (Ourense).
Cada unidade familiar poderá solicitar, as estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias das quendas, que van dende o 12 de xullo ata o 12 de setembro.
Para a adxudicación das prazas terán prioridade nas distintas quendas as seguintes familias de especial consideración, ao abeiro do establecido no artigo 9 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia:
a) As familias numerosas.
b) As familias monoparentais.
c) As familias acolledoras.
d) As familias vítimas de violencia de xénero.
Toda a información no DOG publicado o 19 de maio 2022, dan 10 días hábiles para presentar as solicitudes.