Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Webinar “A arte de educar en confinamento”

Formación continua para familias acolledoras de Cruz Vermella en Galicia

O sábado 25 de abril realizarase en directo a través de Internet o Seminario “A arte de educar en confinamento” co obxectivo de traballar cos/as acolledoras unhas recomendacións e recursos prácticos que lles axuden a xestionar a tensión, adaptar as expectativas e fomentar a auto xestión dos nenos e nenas.

Será impartido pola psicóloga Raquel Penín do gabinete Aglaia en Ourense.