Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Webinar sobre os “Factores que favorecen e dificultan a construción do vínculo”

Para familias acolledoras da rede de Cruz Vermella en Galicia, impartirase o sábado 27 de febreiro de 11:00 a 12:30h.

É un seminario por Internet en directo no que falaremos da empatía, as expectativas previas, da educación emocional, … da importancia do apego e da construción ou reparación dos vínculos temperáns dos nenos e nenas que chegan as familias acolledoras.

Será impartido pola terapeuta familiar Nuria Lago, psicóloga especialista en acollemento e adopción do gabinete de psicoloxía Paradoxo.

A inscrición pode facerse neste formulario, estará aberta ata o xoves 25 de febreiro.