O vindeiro sábado 20 de setembro, Cruz Roja en Galicia celebrará unha nova edición do Encontro de Familias Acolledoras, unha xornada pensada para compartir, desfrutar e seguir construíndo comunidade en torno ao acollemento familiar. Este ano, a cita terá lugar na cidade de Lugo.
📅 O prazo de inscrición xa está aberto e remata o 14 de setembro. As familias acolledoras da rede de Cruz Roja recibiron no seu correo electrónico o enlace para inscribirse. Recomendamos revisar o buzón e completar o formulario canto antes, ante calquera dúbida contactar a través de: familias.acolledoras@cruzroja.es
Como en edicións anteriores, haberá actividades diferenciadas para nenas, nenos, adolescentes e persoas adultas, así como un espazo específico de bebeteca para o coidado dos máis pequenos, garantindo a participación de toda a familia.
💬 Se tes dúbidas ou necesitas axuda para inscribirte, contacta co teu referente de acollemento familiar en Cruz Roja, que está dispoñible para acompañarte no proceso.
Grazas por seguir formando parte desta gran familia que é o acollemento. ¡Agardámoste en Lugo!