A dedución por acollemento no imposto sobre a renda das persoas físicas é de 300 €, por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia.
Non dará lugar á dedución por acollemento familiar preadoptivo cando se produza a adopción do menor durante o período impositivo, sen prexuízo da aplicación, no seu caso, da dedución por adopción.
No acollemento de menores por matrimonio ou parellas de feito a que se refire a disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, o importe da dedución se prorrateará por partes iguais na declaración de cada un deles, se optasen por declaración individual.
O resumo de medidas normativas e beneficios fiscais da Comunidade Autónoma, actualizado ao 27 de marzo de 2026, podédelo consultar nesta ligazón.