Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Día dos Dereitos da Infancia: grazas por facer posible que medren nun fogar seguro

O 20 de novembro celebramos o Día dos Dereitos da Infancia, unha data que nos lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito a medrar nun entorno seguro e protector. Grazas ás familias acolledoras, este dereito faise realidade para moitos menores en Galicia.

En Galicia, centos de nenos e nenas precisan un fogar temporal onde sentirse protexidos, acompañados e queridos. O acollemento familiar é unha medida que garante este dereito cando, por diferentes circunstancias, non poden vivir coa súa familia de orixe.

Desde Cruz Vermella e a Xunta de Galicia queremos agradecer ás familias acolledoras que xa forman parte do programa, porque co seu compromiso, fan posible que moitos nenos, nenas e adolescentes medren nun ambiente seguro e estable, ofrecendo algo tan valioso como o seu tempo, cariño e apoio.

Pero a realidade é que aínda hai nenos e nenas que precisan unha familia acolledora. Se algunha vez pensaches en abrir as portas da túa casa e do teu corazón, este é o momento. O acollemento familiar é unha experiencia transformadora, tanto para os menores como para as familias que deciden dar este paso.

Infórmate e Faite familia acolledora – Acollemento Familiar
Descubre como podes axudar a cumprir este dereito. Un fogar pode cambiar unha vida. ¿E se fose o teu?