Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Normativa sobre acollemento familiar

A Normativa Estatal

En España será a finais dos 80 cando comece a formarse un marco legal para o acollemento, aínda que non será ata os 90 cando existan leis de carácter estatal verdadeiramente relevantes respecto diso.

En 1996 apróbase a Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor  e de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil, é un texto fundamental en materia de protección aos menores de idade que consagra o interese superior do menor como principio fundamental. Xa non se considera que o menor sexa un suxeito pasivo senón que se tende ao pleno recoñecemento da titularidade dos seus dereitos e dunha capacidade progresiva para exercelos. Con esta filosofía de actuación preténdese que os menores poidan construír progresivamente unha percepción de control acerca da súa situación persoal e da súa proxección de futuro. O acollemento familiar atópase recollido nos artigos 20 e 20 bis deste texto normativo.

No ano 2015 apróbase a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia  que modifica no seu artigo segundo o Código Civil recollendo no artigo 172 ter a prioridade do acollemento familiar respecto ao residencial.

O acollemento vén regulado no Título VII do Código Civil, denominado “Das relacións paterno-filiais”, Capítulo V, “Da adopción e outras formas de protección de menores”, Sección 1ª, “Da garda e acollemento de menores”, e máis concretamente dos artigos 172 ao 174 CC. Reformados pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.

O artigo 173 do Código Civil establece que, “O acollemento familiar produce a plena participación do menor na vida de familia e impón a quen o recibe as obrigacións de velar por el, telo na súa compañía, alimentalo, educalo e procurarlle unha formación integral nunha contorna afectiva. No caso de menor con discapacidade, deberá continuar cos apoios especializados que viñese recibindo ou adoptar outros máis adecuados ás súas necesidades”.

A Normativa Autonómica

En canto á regulación autonómica do acollemento, as Comunidades Autónomas han aprobado e desenvolto numerosas leis de acordo coas súas competencias nesta materia e sempre tendo como referente á lexislación nacional e internacional.

En Galicia temos a LEI 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.